Resultados en directo /// Recordatorio: no relativo á tramitación de licenzas enviar correo-e a xestion@atletismo.gal

Participa na VII Andaina contra a Violencia de Xénero

Dentro das liñas de actuación a desenvolver, ao abeiro do convenio asinado entre a Secretaría Xeral para o Deporte e a Secretaría Xeral da Igualdade, para levar a cabo as medidas previstas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, vaise organizar a VII ANDAINA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO “CAMIÑO AO RESPECTO” (DOMINGO 24 DE NOVEMBRO ÁS 11:00 HORAS EN SANTIAGO DE COMPOSTELA), co gallo do Día Internacional contra a violencia de xénero. É moi importante a presenza de todo o deporte galego neste evento para consolidar a campaña do NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO, iniciada no pasado mes de marzo.

Por tal motivo,convídase a todo o colectivo atlético a tomar parte nesta importante inciativa do concienciación, sensibilización e reivindicación

Para participar é necesario que cubrades o formulario deste enlace http://www.andainaigualdadexunta.gal

Compartir: