Como xa viñemos informando, publicouse a Normativa de Licenzas 2020, aprobada pola Comisión Delegada en datas 21 de setembro e 4 de novembro de 2019.
Como anos anteriores a forma de tramitación será a través da pasarela de carreirasgalegas.com de maneira individual, sendo os prazos para poder formalizalas os seguintes:
- VIXENCIA DAS LICENZAS FGA 2020: Tempada do 1 de xaneiro ao 31 de decembro de 2020.
- PRAZOS DE TRAMITACION FGA CLUBS e ADESTRADORES: A partir do 5 de novembro
- ATLETAS E XUÍCES: A partir do 25 de novembro
Exención de pagos para os máis desfavorecidos/as
Para este ano contémplanse importantes novidades na tramitación de licenzas onde se aprobou a exención de pagos nas seguintes circunstancias:
- Están exentos de pagos de cotas todos os atletas menores de idade cuxas familias directas (proxenitores) acrediten ser desempregados de larga duración ou ben que teñan rentas inferiores ao Salario Mínimo Interprofesional.
- Por outra banda, aquelas familias que superen a cantidade de tres licencias dentro do parentesco país-fillos, non abonarán cotas a partir dese número, afrontando só o custo do seguro de accidentes obrigatorio.