Resultados

Éxito de participación de “Xogando ó Atletismo”

Preto de oitocentas nenas e nenos estanse a dar cita na pista cuberta de Expourense para tomar parte na actividade “Xogando ó Atletismo” organizada pola Federación Galega de Atletismo e que se integra dentro das actividades que forman o Sportur Galicia III Salón del Deporte e Turismo Activo nesta fin de semana.

Esta iniciativa enmárcase dentro do convenio de colaboración que a FGA asinou con Expourense e que ten como principal obxectivo a práctica, promoción e desenvolvemento do noso deporte entre as idades escolares. Para elo, e co diverso material adaptable de iniciación facilitado por Expourense, estanse a desenvolver entre hoxe e mañá varias xornadas que segundo o vicepresidente da FGA e un dos organizadores Eladio Gómez “Están a ser todo un éxito de participación e aceptación”

Retirada de dorsais

De igual modo durante estos días o Recinto Feiral será o lugar onde se poidan retirar os dorsais da XLII Carreira da San Martiño que botará a andar  o vindeiro domingo 17 de novembro.

Compartir: