Resultados

Federación Galega e Escola Naval, no mesmo barco

Uno novo encontro amigable atlético foi o que no día de onte disputarían nas pistas da Escola Naval de Marín, un combinado galego contra o equipo local de alumnas e alumnos da prestixiosa institución militar.

O bo tempo favoreceu un expectáculo que contou con moita participación de público nunha xornada de mañá que daría o triunfo ó combinado galego por 51 a 45 puntos e onde os “cadetes” actuaban de locáis nun sistema anual de alternancia.

Formidables relacións

Este evento, que se ben desenvolvendo ó longo dos últimos lustros, pon de manifesto as excelentes relacións históricas existentes entre a Federación Galega e a Academia Militar que se ben traducindo en innumerables colaboracións e aportacións mútuas. Mostra do nivel de colaboración e importancia existente, foi a presenza á esta xornada das máximas autoridades tanto da Federación Galega como da Academia Naval que clausurarían este encontro ca entrega dos distintos premios e trofeos.

 

Compartir: