46 equipos na VIII Liga ABANCA

A Federación Galega de Atletismo organizará dende o 26 de outubro ata o 30 de novembro as fases previas da  VIII Liga Galega ABANCA de menores para as categorías Sub10, Sub12 e Sub14. Esta liga está integrada por un total de dazoito  xornadas previas clasificatorias, a celebrar nas zonas de Coruña-Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra-Vigo, Santiago e Valdeorras, á que acudirán corenta e seis equipos.Ó final das mesmas, disputarase unha fase final cos mellores equipos clasificados.

A diferencia doutros anos e como punto importante, permitirase a participación de cantos nenos desexen sen necesidade de completar equipo, nunha medida que pretende abrir a Liga ABANCA  a un maior número de atletas. Para garantir un desenvolvemento fluido de probas, sobre todo nos concursos, haberá tres xornadas previas onde estarán distribuidas as distintas probas que forman a programación oficial de cada categoría. Con esta medidad permitirase ademáis, que cada atleta poida compitar en todas cantas probas desexe ó longo das tres xornadas.

A fase final destas previas será o vindiero dia 15 de decembro na pista cuberta de Expourense onde se agarda sexa a gran festa do atletismo base de inverno.

Compartir: