Os días 15 e 16 de novembro desenvolverase no Recinto Feiral de Expourense a III Edición do Salón do Deporte e Turismo Activo – Sportur Galicia que xuntará a unha importante mostra do tecido social, deportivo e empresarial do sector.
Como xa fixera en anteriores edicións, e segundo compromiso adquirido mediante convenio entre Federación Galega e Expourense, o ente deportivo estará presente un ano máis levando a cabo a organización da actividade “Xogando ó atletismo” os días 14 e 15 de novembro dentro do programa de actividades que se desenvolverán nesta edición. En concreto o 14 e 15 en xornada de mañán, serán os colexios quenes poidan disfrutar deste experiencia estando reservada a tarde do día 15 para os clubs. O obxectivo do mesmo é o de achegar e fomentar a practica atlética nos Centros Escolares no ciclo de Primaria da provincia de Ourense.
Retirada de dorsais
De igual modo durante eses días o Recinto Feiral será o lugar onde se poidan retirar os dorsais da XLII Carreira da San Martiño que botará a andar o día 17 de novembro.