Resultados

Tres equipos galegos Sub16 no de España de clubs

Continúa esta longa tempada 2019 con interesantes competicións de pista e nas que se atopan incursos equipos galegos.  En concreto esta fin de semana desenvolverase nas Pistas das Mestas de Gijón, a final B1 do Campionato de España de Clubs Sub16 onde toman parte os equipos do Millaraio,  Ourense Atletismo e a Agrupación Viguesa de Atletismo.

A esta proba acuden os tres equipos galegos logo de terse clasificado por estadillo para esta fase final, onde se medirán ás formacións de Grupompleo Pamplona, Universidad de León, Atletismo Santurtzi e o anfritrión, Ciudad de Lugones.

Por estadillo as pamplonesas paracen ser as máis fortes desta final B1 seguidas das leonesas e asturianas. Por parte dos equipos galegos é o Millaraio quen acude cun maior número de puntos con 10.534 p. seguidas das ourensás con 10.335 p. e das viguesas do AVA con 9.760 p.

A este campionato xa acudirán o ano pasado os clubs do Franciscanos de Lugo, quen lograría unha meritoria segunda posición, así como as viguesas do AVA quenes rematarían de sextas.

Estadillos

Encontros

 

 

Compartir: