Este fin de semana tivo lugar en Santiago de Compostela a xuntanza ordinaria que congregou ós membros da Xunta Directiva e da Comisión Delegada onde se trataron aspectos importantes que afectarán a vindeira tempada.
Para comezar a propia Comisión Delagada, a proposta da Xunta Directiva, aprobou crear a licenza cuadrimestral para as novas altas nas categorías de Sub8 á Sub16 ambas incluídas. Esta ficha, que cubrirá os meses de setembro ata decembro, terá un custo de 2,85€ correspondente a proporcionalidade do custe da licenza actual. Cabe lembrar que estos mesmos atletas estarán cubertos a todos os efectos polo Seguro Escolar do Xogade, polo que non precisarán de xestións e custos a maiores. A tramitación das fichas será a través do programa da RFEA.
Outro aspecto importante foi a aprobación por unanimidade dos orzamentos correspondentes ó ano 2019 ou a actualización do calendario da tempada 2020. Neste último apartado, destacan as citas importantes do Campionato de España Absoluto de pista cuberta en Ourense do 29 de febreiro ó 1 de marzo, e o Campionato de España de Milla en ruta do 18 de abril no Concello de Sada.
Outra importante novidade afecta a VIII Liga ABANCA e na que a diferencia doutros anos faranse catro xornadas previas por zona, onde se permitirá a participación aberta a todos os atletas sin necesidade de que completen equipo.