Lamentablemente acabamos de recibir a triste nova do falecemento logo dunha dura e longa enfermidade do Xuíz Árbitro coruñés Francisco Guijarro.
Andaluz de nacemento, pero residente en Galicia dende facía moitos anos, chegaría a ser atleta do Real Club Deportivo da Coruña nos seus anos de mocidade.
Na actualidade formaba parte da Xunta Directiva do CGX e dos Paneis da RFEA, tanto de Dirección Técnica como de Marcha. Das súas excelentes competencias fala o feito de que acudira a varios Campionatos de España e citas internacionais, malia que sempre será lembrado pola seu extraordinario carácter humano e afable cara a compañeiros e atletas.
Descansa en paz querido compañeiro!