Resultados

Convocatoria da Xunta Directiva e Comisión Delegada setembro 2019

O presidente da Federación Galega de Atletismo, convoca aos membros da Xunta Directiva e da Comisión Delegada a unha xuntanza ordinaria que terá lugar na sala de reunións da Residencia Universitaria Monte da Condesa de Santiago de Compostela, situada na rúa Campus Vida s/n o sábado día 21 de setembro do 2019 ás 10:00 horas en primeira convocatoria.

Con esta cita ponse en marcha  un novo periodo atlético cuxa tempada lembramos que rematará o 31 de decembro.

Prégase confirmación de asistencia de todos os membros, no email secretaria@atletismo.gal, antes do xoves 19 de setembro.

Os puntos a tratar serán os seguintes:

  1. Saúdo do Presidente.
  2. Aprobación, se procede, da acta da xuntanza anterior.
  3. Informe do Presidente.
  4. Informe e propostas do Secretario Xeral: Regulamentación e custos de licenzas 2020.
  5. Informe e propostas da Dirección Técnica: Avance do calendario 2020.
  6. Propostas de Tesourería: Aprobación (actualización) dos orzamentos 2018/2019.
  7. Informe e propostas do Comité Galego de Xuíces.
  8. Rogos e preguntas.

Compartir: