Resultados en directo

Ana Peleteiro na Selección Europea

Chegado o mes de setembro arrinca o periodo máis importante de toda a tempada con esa cita preferente que marcan os Mundiais de atletismo en Doha. Con todo elo será datas antes, cando o Estadio Olimpico de Minsk (Bielorrusia) acolla os días 9 e 10 de setembro o encontro The Match, que enfrontará ás Seleccións de Europa contra a dos EE.UU

Nesta cita, que servirá como último test para os mundiais que darán comezo o día 27 de setembro, acuden once españois que competirán representando ó vello continente nun formato competitivo de a catro atletas por equipo e proba.

Entre a presencia española, atópase a da actual campioa europea de pista cuberta Ana Peleteiro, cuxo rexistro deste ano de 14.59 m. reresenta ademáis dun récord Galego absoluto e mellor marca personal ó aire libre, a segunda marca europea do ano e a oitava do mundo.

A líder mundial do ano é a venezolana, e compañeira de adestramentos de Peleteiro, Yulimar Rojas con 15.11 m.

ULTIMA HORA:

ANA PELETEIRO RENUNCIA A TOMAR  NESTE ENCONTRO PARA CENTRARSE NO MUNDIAL DE DOHA

The Match

Compartir: