Resultados

Ponse en marcha o Plan de Acción Institucional

A Federación Galega de Atletismo acaba de poñer en marcha para este periodo o Plan de Acción Institucional a través do cal preténdese acadar diferentes vías de acción conxuntas cas distintas Administracións Locais e Provinciais da nosa comunidade. O obxectivo non é outro que o de promocionar a activiadade fisico-deportiva e hábitos de vida saudables a través dun enfoque multidireccional que tamén revirta sobre o tecido atlético.

O longo deste ano e sucesivos, irase entablando contactos coa totalidade de Concellos galegos de maneira progresiva, poñendo a súa disposición os seguintes aspectos:

  • Promoción do Atletismo en diferentes eidos.
  • Promoción e divulgación de diferentes actividades nos Concellos en relación ó deporte en xeral e ó Atletismo en particular.
  • Creación de Escolas Deportivas Municipais de Atletismo, así como a posta en funcionamento de clubes deportivos.
  • Asesoramento e participación en diferentes iniciativas de interese como charlas, coloquios e demais acerca de hábitos saudables, nutrición ou alimentación, entre outros.
  • Participación conxunta en accións para o fomento da formación e empregabilidade.
  • Divulgación de accións de interese en clave municipal e que teñan un interese xeral.
  • Desenvolvemento de accións en prol da normalización e inclusión en relación á atención á diversidade.
  • Fomento de iniciativas en prol de acadar a igualdade na nosa sociedade.O
  • Outros aspectos que poidan ser de relevancia.

Por todo elo, poñemos a disposición o mail de vice.institucional@atletismo.gal coa finalidade de colaborar con vós en todo aquelo que sexa necesario para o desenvolvemento deste Plan dentro do voso ámbito de acción.

Compartir: