Ouro: Blanca Pereira Rubín (49,45 martelo 3Kg.)   Bronce: Enma Pérez Soto (1,62 Altura)

Actuación Galega Sub14
Actuación Galega Sub16

As carreiras centrarán a atención para os galegos/as en La Nucía

En apenas uns días dará comezo a cita nacional máis importante da tempada como son os Campionatos de España de Aire libre onde moitos dos nosos atletas acudirán. Precisamente, no día de hoxe faríase oficial a relación de inscritos por parte da RFEA na que figuran un total de 609 atletas dos cales 28 son da nosa comunidade (23 mulleres e 15 homes)

Para analizar o campionato, centraremos esta primeira crónica no que poden dar de si as actuacións dos nosos e nosas representantes nos sectores da velocidade, medio fondo, fondo e valos.

Por sectores e comezando co primeiro deles, contamos ca presenza tanto de Mauro Triana quen tomará parte tanto nos 100 como nos 200 m. A esta cita acude o coruñés logo de estar formando parte asidua no relevo nacional dos 4×100, achegándose cuns rexistros de 10.58 e 21.53 que o sitúan no posto 14º e 12º do ranking nacional.

A campioa galega absoluta Adi Iglesias do Lucus Caixa Rural Galega, tomará parte da mesma maneira nestas dúas distancias en La Nucía onde acude con 12.12 e 24.73. e onde estará acompañada pola Gimnastica Xiana Gonzalez no dobre hectómetro

Nos 400 m. interesante representación galegade de dous atletas que están progresando moi ben nos últimos tempos. A Sub23 Paula Iglesias do Riazor Coruña estará loitando por facerse cun posto na final onde acude ca oitava mellor marca das participantes con 54.59. Pedro Juncal do Real Club Celta pola súa banda con 47.99 (MMP) continúa ca súa importante mellora sendo este campionato un bo momento para instalarse e consolidar os 47 segundos xa acadados.

Os 800 m. será unha das probas máis agardadas ca participación dos internacionáis Raquel Meaños e Adri Ben. A de Cangas acude cun rexistro de 2:06.62 que a sitúan ca sétima marca das participantes malia que nunha final destas características todo está por escribir. Pola súa banda Adri Ben (1:45.78)  quen non conseguría os seus obxectivos no Meeting de Madrid, terá unha excelente ocasión para poñer en valor todo o seu potencial e calidade con Doha amosando de fronte.

David de la Fuente do Narón con 1:50.3 e Fernando Vales do C.A. Santiago con 1:51.10 atoparán unha boa ocasión para rebaixar os seus rexistros do ano.

A proba dos 1.500 m. terá na mundialista Solange Pereira a verdadeira protagonista xa que terá que ir a por todas si pretende intentar acudir a Doha, logo do intento errado en Vallehermoso. Os 4:10.56 atópanse a catro segundos da mínima de participación ainda que a veteranía e sobre todo as súas riváis Esther Guerrero e Marta Pérez podería facer posible unha carreira idónea para acadar o billete.

Nos homes figura inscrito Adrían Ben, malia que  con toda seguridade opte por centrarse nos 800 m. Nesta mesma proba tomará a saida Gonzalo Basconcelo do Celta con 3:50.37.

Esther Navarrete e Tariku Novales serán as importantes bazas galegas na proba dos  5.000 m. A viguesa quen fora internacional este ano na Copa de Europa doa 10.000 m. defenderá o subcampionato do ano pasado, acudindo ca segunda mellor marca das participantes con 15:46.28. O tamén internacional Tariku Novales pola súa banda é o igual que aconcera cos seus compañeiros, non encaixaría unha boa actuación no último Meeting de Madrid polo que sairá seguramente decidido a facer un bo campionato e facer valer ese rexistro acadado en maio de 13:33.08.

Por último os valos terán nada menos que cinco galegos tomando parte nas mesmas. Na categoría feminina Antía Martínez do Ría con 14.41; Alicia Merino do A.F. Celta con 14.70 e o bronce máster no último mundial de pista cuberta sobre os 60 valos Emma Valencia con 14.82, serán as que intenten encaixar un bo campionato. Nos homes igual cometido será o que teña o lucense do Lucus Caixa Rural Galega Miguel Pérez cos seus 14.56 .

Para rematar cos valos a Sub23 do Riazor Coruña María Pajarrón (1:02.63) figura inscrita na saida nos 400 valos sendo a nosa representante na proba ante a ausencia de Claudia Rojo e Lucía Rivadulla.

Nas combinadas contaremos cun atleta de cada categoría. Os lucenses do Celta Alicia Merino e Adolfo Saínz Maza, estarán concursando nunha dificil especialoidade onde ambos estarán na procura da mellora dos rexistros de 4.669 e de 6.208 puntos respectivamente.

Por último Mar Chillón será a única das galegas quen tome parte sobre a proba dos 10.000 m. marcha e onde a última actuación nestes campionatos remóntase ó ano 2017 no que sendo Sub23 ramataría de novena con 52:43.39.

Compartir: