Resultados en directo  

Pontevedra prepárase para o “III Saltar na Rúa”

Logo do éxito de saltar na praia desenvolto no Concello de Sada recentemente, chega os días 23 e 24 de agosto na praza da Ferrería de Pontevedra unha nova edición de “III Saltar na Rúa”, cuxa finalidade sigue sendo achegar esta modalidade atlética ás rúas.

Coma sempre haberá exhibicións e expectáculo o que será aproveitado para programar actividades con todos/as aqueles/as que queiran achegarse. En concreto as actividades participativas de promoción estarán dirixidas a nenos/as nados entre os anos 2011 e 2003 e serán abertas a todo tipo de interesados en tomar parte (familiares, amigos…) Para elo haberá tres quendas o venres 23 pola tarde entre as 18:30 e as 21:30.

As prazas son limitadas polo que compre inscribirse previamente.

O sábado 24 ás 12:00 os/as atletas da Escola da Gimnástica realizarán unha pequena demostración sendo a partires das 19:30 horas cando se celebre unha exhibición cos mellores especialistas autonómicos e nacionais de saltos.

Compartir: