O atleta ourensán Alejandro Montero, ven de conseguir a medalla de ouro por equipos ca Selección Española no Campionato de Europa de Media Maratón INAS (Federación Internacional de Atletas con Impedimentos Intelectuales) desenvolto este pasado domingo na cidade rusa de Ekaterimburgo.
O equipo completaría unha extraordinaria competición onde o segundo e sexto posto serían ocupados polos vascos Assier Aguirre e Jesús Fernández respectivamente, sendo o noso representante o cuarto clasificado da xeral en entrar na línea de meta.
Xunto eles viaxaría como delegado da expedición o tamén galego e adestrador de Alex, Alfredo González.
Con este novo éxito, Alex Montero amplía o seu importante palmarés deportivo que lle levaría esta tempada a acadar entre outras, sendas medallas tanto nos Campionatos de Europa como nas do Mundo de Campo a Través.