Resultados

Destacadísimo papel galego en Bydgoszcz

Excelente papel da Selección Española no Campionato de Europa de Seleccións que se estivo a desenvolver durante esta fin de semana na localidade polaca de Bydgoszcz e na que se conseguiría un sexto posto que permitirá continuar na máxima categoría continental do atletismo.

O título nesta ocasión serían para os anfitrións, os polacos, quenes sumaría 345 puntos seguida de Alemaña (317.5 p.) pechando Francia o podio con 316.5. Italia quedouse a medio punto do bronce con 316 puntos polos 302.5 de Gran Bretaña. A España seguiron na clasificación Ucraína en 7º lugar con 225 puntos, a República Checa (219.5) -primeira selección que perde a categoría-, Suecia (210.5), Grecia (197), Finlandia (190) e Suíza (175).

O papel dos galegos e galegas que acudiron a este cita foi determinante para acadar esta boa posición (e na que por puntos foi a mellor da historia) cunha Ana Peleteiro saltando en triplo ata os 14.27 m. no seu segundo salto e loitando ata o final polo triunfo que sería conseguido pola grega Papahristu con 21 centímetros máis que a riveirense.

Non menos importante foi o terceiro lugar duha fantástica Soli Pereira quen nos 3.000 m. establecería un crono de 9:09.76 que lle serviría ó combinado vermello sumar uns importantísimos 10 puntos. Solange cedería na proba tan só ante a nórdica Ngarambe con 9:07.67 e italina Zenoni con 9:08.34 o que pon de manifesto a excelente actuación da canguesa.

A segunda xornada do sábado foi pechada polo coruñés Mauro Triana, quen tomando parte no equipo de relevos 4×100  conseguirían un quinto lugar con 39.25 nunha proba gañada polo equipo británico con 38.73

Na última xornada vivida no día de hoxe, Saleta Fernández tomaría parte nunha díficil proba de altura con saltadoras de moito nivel e no que malia elo rebasaría o listón a 1.80 m. que lle permitiu rematar na novena posición.

Adrián Ben, o quinto dos galegos quen acudía en calidade de reserva, finalmente non tivo que tomar parte no encontro.

Ademáis da actuación galega, foron destacados os postos de podio conseguidos polos/as restantes atletas convocados para este encontro, proclamándose vencedores/as das súas respectivas probas,  Miguel Angel Sancho en altura con 2.26 m.; Orlando Ortega nos 110 valos con 13.38; Fernando Caro nos 3.000 obstáculos con 8:27.26 e Adeel Mechaal nos 3.000 m.con 8:02.51. Na segunda escaleira do podio situaríanse Eusebio Cáceres en lonxitude con 8.02 m., Irene Sánchez nos 3.000 obstáculos con 9:39.24 e Maitane Melero nos 5.000 m. con 15:44.55, e por último Óscar Husillos nos 400 m. con 46.36 e Alvaro de Arriba nos 800 m. con 1:47.48 rematarían un excelente campionato en conxunto, con sedos terceiros lugares.

Noutra orde de cousas, destacar que a Selección de Portugal, con quenes compartimos tantas competicións e probas, acadaría en Noruega un histórico ascenso á máxima categoría da Superliga que lles permitirá xunto a España, defender o atletismo peninsular na seguinte edición.

Resultados Bydgoszcz

Compartir: