Merino e Sainz-Maza, dominaron o galego de combinadas

Os atletas do Celta Alicia Merino con 4.615 puntos e Adolfo Sainz-Maza con 5.910, proclamaríanse no día de onte campións galegos absolutos de probas combinadas que durante esta fin de semana se estaría a desenvolver no Estadio de Cabalagueiros de O Barco de Valdeorras.

Os gañadores estiveron acompañados nas medallas por Lucía Seijas da A.Lucense con 3.629 puntos e por Eva Castro do A.Narón con 3231 puntos. Nos homes a prata foi para Alejandro Romero con 4.549 puntos sendo o bronce para Adrián Carreira con 3.392 p. ambos do Atletismo Narón.

No resto de categorías, os postos de honra quedaron da seguinte maneira:

  • Heptathlon Sub18 feminino: 1ª María Pena (A Silva) 3.633 untos, 2ª Laura Barbazán (Millaraio) 2952
  • Hexathlon Sub16 feminino: 1ª Lucía Sánchez del Valle (Franciscanos de Lugo) 3.747 p.; 2ª Mar Díaz (Ourense A.) 2.586 p e 3ª Nerea Freire (A. Narón) 2.490 p.
  • Decathlon Sub18 masculino: 1ª Aitor Fernández (A. Lucense) 4923 p.; 2º Pablo Barges (R.C.Celta) 4642 p.; 3º Marcos Villaverde (S.Gimnástica) 4.083 p.
  • Octathlon Sub16 masculino: 1º Mateo Aller (Millaraio) 3.812 p.; 2º Daniel Loureiro (A Silva) 3.687 p.; 3º Alvaro Díaz (Ourense A.) 3.633 p.
  • Heptathlon W35 feminino: 1ª Eva Castro (A. Narón) 3.231 puntos.

Compartir: