O Barco agarda ós/ás atletas 10

Esta fin de semana as pistas de Atletismo de Calabagueiros de O Barco de Valdeorras serán a sede onde se dispute o Campionato de Galicia de Probas Combinadas.

Nesta cita poderán intervir atletas das categorías Sub16 en adiante, incluidos Máster, situados nos oito primeiros postos do ránking galego no presente ano.

Entre a relación de participantes destacan a dos atletas absolutos do Celta Alicia Merino e a do subcampión galego o ano pasado Adolfo Saínz Maza. Na categoría Sub18 Andrea Villaverde da Gimnástica, bronce o ano pasado, estará na mesma categoría que a do actual campión galego Aitor Fernández da Atlética Lucense quen defenderá o título. Por último Lucía Sánchez del Valle do Franciscanos de Lugo, que recentemente lograría a medalla de bronce no Campionatro de España de Hexathlon da súa categoría, tamén estará tomando parte nesta cita autonómica

As probas darán comezo as 11:30 horas do sábado para rematar as 14:00 horas do domingo.

 

Compartir: