Xa está perfilada finalmente a selección galega que tomará parte este sábado día 27 de xullo no Campionato de España de Federacións Autónomicas que se levará a cabo en Pamplona.
Malia ausencias importantes, a nosa selección acude cun importante potencial que a priori fará que esté na loita polos postos importantes deste pretixioso torneo como o fixera nas últimas edicións.
Entre as ausencias destacadas por diversos motivos, atópase a de Ana Peleteiro, Adrián Ben, Eva Arias, Carmela Cardama, Antía Chamosa, Alfonso Palomanes, Víctor Gallego e a dos relevistas Olaia Guisela Becerril e Sergio Rodríguez.
O xefe de expedición será o Secretario Xeral, Carlos Castro, quen estará acompañado nas tarefas loxístocas e organizativas por tres adestradores, un xuíz e dous directivos.