Resultados

Unha potentísima selección galega toma forma

Logo da disputa dos Campionatos de Galicia, o Director Técnico da Federación Galega de Atletismo Carlos Castro, despóis de falar cos distintos responsables do sector, ven de anunciar a lista dos atletas que están convocados para representar á nosa Comunidade no vindeiro Campionato de España de Seleccións Autonómicas o vindeiro 27 de xullo en Pamplona.

A lista de seleccionadas/os da a Galicia un importantísimo potencial que farían dela unha seria aspirante xa non ó podio, senón o título o que representaría todo un hito na historia do atletismo galego.

Como novidades no visto no Campionato de Galicia, son as incorporacións nesa lista dos atletas Elian Numa e Raquel Meaños que cubrirán a proba dos 800 m. logo do seu paso polo Campionato de Europa Sub20.

Solange Pereira e Adrián Ben tamen veñen de ser convocados polo seleccionador para tomar parte nos 1.500 m. o mesmo que Carmela Cardama e Tariku Novales para os 5.000 m. cubrindo así estas distancias de medio fondo e fondo con atletas top do ranking nacional.

O olímpico en lonxitude Jean Marie Okutu entra dentro dos seleccionados o mesmo que a internacional Ana Peleteiro e que xunto con Alfonso Palomanes, cubrirían a proba de triplo.

Eva Arias figura na lista nos 3.000 m. obstáculos o mesmo que Esther Navarrete nos 3.000 m.

Saleta Fernández é outra das convocadas o mesmo que Belén Toimil en peso e disco a cal xa confirmaría a súa presencia en Pamplona.

Importate para as/os seleccionadas/os

Todos/as os/as atletas deben confirmar ou non a súa participación no enlace antes das 20:00 horas do martes día 23 de xullo sinalando os seguintes aspectos:

• Talla da equipación (XS, S, M, L, XL – Material de Competición e Chándal) soamente aqueles/as atletas que non teñan material. Os atletas que xa se lles entregou o material da selección en tempadas anteriores, non terán dereito á mesma.

• No caso de non saír coa expedición dende a comunidade galega, terán que poñerse en contacto coa dirección técnica: direcciontecnica@atletismo.gal

Lista de convocadas/os

Compartir: