Resultados

Éxito no organizativo duns importantes campionatos

A segunda xornada do Campionato de Galicia no CGTD de Pontevedra correspondente ós Campionatos de Galicia Absolutos 2019, arrincarían ca final de triplo homes con Alexandre Barreiro do Lugo Runing chegando ata os 14.38 m. Na categoría feminina a principal favorita e internacional do F.C.Barcelona Ruth Marie Ndoumbe, colgaríase a medalla de ouro  con 13.08 m.

Nos lanzamentos Carlos Revuelta gañaría desta vez a partida a Nacho Fernández no martelo con 58.06 m. do valdeorrés polos 55.99 m. do vigués.

Nunha xavelina plagada de grandes figuras, triunfo para Manolo Uriz quen con molestias faría un só lanzamento reservándose para Pamplona e na que malia elo, chegou ata os 66.42 m. Carmen Sánchez Parrondo dominaría na xavelina feminina onde no seu cuarto intento chegou ós 54.00 m. A internacional Sub23 Andrea González remataría con 47.46 m. e a Máster e tetra-olímpica Felicea Tilea con 42.91

As probas de velocidade contaron co destacado protagonismo na categoría feminina de Ari Iglesias do Lucus Caixa Rural gañadora tanto dos 100 m. como os 200 m. con 12.23 e 25.27 e a do internacional coruñés Mauro Triana do Playas de Castellón quen faría o propio con 10.65 e 21.50.

Nos 400 m. o ouro foi para a favorita Paula Iglesias do Riazor Coruña quen gañou a Paula Ferreiros con 54.59. David de la Fuente do Atletismo Narón sería o máis rápido pola súa banda nos homes con 49.61.

Sandra Mosquera do ADAS Proinor proclamouse campioa autonómica nos 1.500 m. con 4:40.37, baixando Pablo Bocelo dos catro minutos con 3:59.38 para impoñerse na mesma proba. Nos obstáculos victorias de Esteban Iglesias do Lucus CRG e de Sofía Freaza do Rúa Ferrol con 9:38.38 e 11:12.73.

Os valos curtos serían gañados por Antía Martínez do Ría Ferrol con 14.41 quen gañaría na final a Claudia Rojo do Valencia Esports por catorce centésimas. Na categoría masculina o favorito lucense do Lucus CRG Miguel Pérez remataría por diante de todos con 14.56. Na lonxitude interesantísimo concurso na que a campioa de España absoluta de pista cuberta Leticia Gil marcharía ata os 6.25 no seu terceiro intento polos 5.91 m. da celeste internacional Olaia Guisela Becerril.

A integración sempre presente no noso deporte, contou con Susana Rodríguez nos 1.500 m. quen correría con guía rematando  con 5:06.11.

Por último e nas probas de relevos, os equipos do Riazor Coruña proclamaronse campións nos 4×100 mulleres con 47.96 e nos 4×400 con 4:00.36. O rexistro dos 4×100 supón ademáis un novo récord galego Sub23 e Récord  do Campioinato

O Lucus CRG no relevo 4×100 con 42.89 e o Club Atletismo Narón dos 4×400 con 3:25.09 botaron o peche a un Campionato de Galicia que brillou de maneira moi destacada no organizativo grazas o excelentre traballo da Delegación de Pontevedra e de todos cantos tomaron parte no mesmo.

Compartir: