Resultados

As/os atletas galegas/os luciron no Europeo Sub23

Tres importantes postos de finalistas sería o resultado da participación das/os atletas galegos no Campionato de Europa Sub23 que esta fin de semana se desenvolveu na localidade sueca de Gävle.

O campionato que arrincaría o xoves, vería ó primeiro dos nosos atletas competir na proba raíña do medio fondo, os 1.500 m. Sobre esta distancia tomaría parte o lucense Adrián Ben,  quen na súa serie semifinal e por só catro centésimas, non puido acceder a final onde o tempo de corte foi de 3:47.47. Malia elo, o campionato de España agarda na seguro que tentará rematar a tempada cunha boa actuación en canto a posto e rexistro.

Saleta Fernández sería a segunda das galegas en tomar parte no Campionato sobre o concurso de altura. A monfortina pasaría o venres a súa semifinal saltando 1.78 m. que  lle daría pasaporte para tomar parte na gran final do sábado. Xa na gran cita, e xunto ás mellores do continente, o seu rexistro sería de 1.80 m.  -a sete centímetros do seu récord galego absoluto do pasado xuño- que lle daría un destacado oitavo lugar e un posto de finalista na proba gañada pola representante ucraína Levchenko con 1.97.

A última hora dese mesmo venres saltaría sobre o sintético Tariku Novales para tomar parte na proba dos 5.000 m. O de Noia que viña de facer en maio 13:33.08, remataría a súa proba con 14:22.76 nunha moi meritoria sexta posición sendo o segundo dos atletas españois clasificados. Nesta proba a selección lograría unha das seis medallas totales do campionato a cargo de Abdessamad Oukhelfen con 14:17.23 quen sería bronce.

Para presenciar o máis destacado da actuación galega, teriamos que agardar ata o último día onde unha grandísima  Antía Chamosa tomaba parte na proba dos 20 km. marcha. O seu recente récord galego Sub23 de 1h.36:55 nos últimos Cantones da Coruña, facíana chegar nun excelente estado de forma, que confirmaría sobre as rúas de Gävle. A impecable proba efectuada e un excelente plantexamento da mesma, lograría colocar a galega na quinta posición xusto por detrás da outra española, Mariña Peña. Ó remate, un rexistro oficial de 1:37:34 que sitúan a estradense  decididamente na elite europea da marcha.

Resultados Campionato de Europa Sub23

Compartir: