Prata para Cardama e Navarrete na Copa de Europa dos 10.000 m.

O equipo feminino de España no que tomaban parte as galegas Carmela Cardama e Esther Navarrete, proclamouse Subcampión da Copa de Europa de 10.000m celebrada esta fin de semana en Londres.

Por equipos volveriase a subir ó podio tres anos despois, o que representa a décimo cuarta medalla lograda polas mulleres nestas vintedúas edicións.

A actuación das galegas sería decisoria, sobre todo a que tería Carmela Cardama que tras a súa estancia por terras norteamericanas establecería sobre a pista da capital do Reino Unido un crono de 32:26.43 o que representa unha MMP e unha das mellores marcas do ránking nacional permanente desta distancia.

Esther Navarrete que tomaba parte na final B, lograría a décima segunda posición cun rexistro de 33:42.70

O podio femenino estaría encabezado polo equipo anfitrión de G.Bretaña, seguido de España, ocupando o terceiro lugar a selección de Italia.

Resultados

Galería fotográfica

Fotos cortesía de Juan Carlos Iglesias e Joaquín Pérez

Compartir: