O Observatorio do Atletismo Galego definiu as accións que se implementarán durante o segundo semestre do ano. Un total de 16 accións que fan referencia ás distintas áreas de actuación nas que se está a traballar dende o inicio do proxecto. ·
- Estudo técnico das infraestruturas atléticas galegas.
- Guía básica cos aspectos esenciais para levar a cabo un evento deportivo.
- Apoio progresivo dos plans sociais da Federación Galega de Atletismo.
- Participación nas xornadas enmarcadas no programa “Lugo co deporte. Deporte con corazón”.
- Posta en funcionamento do servizo especial de atención ó atleta.
- Colaboración, acompañamento en búsqueda de opcións para os deportistas galegos que residan no estranxeiro. ·
- Posta en marcha do programa en prol da igualdade e da visibilidade da muller no deporte.
- Elaboración do Código de Bo Goberno do Observatorio e da Federación Galega de Atletismo.
- Creación e desenvolvemento do modelo para convenios futuribles.
- Apertura de vías de colaboración con diferentes Colexios Profesionais.
- Promoción e divulgación das accións de formación de xuíces do Comité Galego de Xuíces.
- Promoción, divulgación e realización de accións formativas para adestradores e monitores en colaboración coa Federación Galega de Atletismo.
- Creación do convenio coa Asociación Galega de Xestores Deportivos (AGAXEDE) en aspectos de asesoramento, formación, eventos e outras accións de interese no eido deportivo.
- Desenvolvemento de accións na área de Animación, Recreación e Escolar.
- Convenios de promoción do atletismo con diferentes medios de comunicación.
- Creación do Laboratorio de Ideas para darlles visibilidade ás accións operativas emitidas ó Observatorio.
Todos aqueles/as interesados/as en recibir máis información poderán dirixirse ó seguinte correo: observatorio@atletismo.gal