Na primera xornada de onte correspondente ós Campionatos de España Máster que se están a desenvolver en Sagunto -e na que as/os nosos/as atletas sumaron once medallas-, o atleta do Egovarros de Viveiro José Vicente Rioseco estableceu un novo récord mundial Máster 75, na proba dos 2.000 Obstáculos ó acadar un rexistro oficial de 8:29.26 mellorando notablemente os 8:45.77 que o francés Jean-Louis Esnault tiña esteblecidos dende o ano 2017.
Con este novo récord mundial Pepín Rioseco, que fora galardoado na última Gala do Atletismo Galego da Estrada como mellor Máster masculino, amplía o seu impresionante palmarés na que acumula múltiples récords de España así como os récords do mundo tanto dos 1.500 m. como dos 800 m. ó aire libre, proba esta última na que tamén conta co récord europeo de pista cuberta.