Máis de dous mil oitocentos atletas tomarán parte esta fin de semana no LIV Campionato de España Máster que se desenvolverá na localidade valenciana de Sagunto. A esta importante cita, acude unha ampla representación de galegos e galegas que nun número de cento oitenta e dous representan a quinta comunidade en canto a atletas inscritos/as.
O obxetivo no colectivo será o de superar os corenta metais logrados o ano pasado, para o que estarán en competición os mellores Máster galegos do momento. Entre eles, cabe salientar a presenza de Emilia Mesa do Ourense Atetismo quen o ano pasado convertiríase na gran protagonista logo de colleitar tres ouros e dous récords galegos. A de Ourense tomará parte nesta edición en peso, disco e martelo.
Outros/as dos/as atletas destacados/as na edición anterior que tamén estarán en Sagunto serán Esther Pedrosa (F55) do Playas de Castellón, quen tomará parte sobre os 800 m. e os 1.500 m.; Miguel Gómez (M35) do Real Club Celta nos 100 m., 200 m. e 4 x 100; Rosario Sureda (F50) do Lucus Caixa Rural Galega na lonxitude, altura e 200 m.; Luz Domínguez (F55) do Burgas Ourense nos 200 m., 400 m., e 800 m.
A maiores tamén compiten os/as plusmarquistas galegos/as do ano pasado en Vitoria entre os que se atopan Miguel López Cordal (M60) do Marineda quen figura inscrito nos valos baixos e Pilar Márquiz (F65) do Club Atletismo Sada quen de igual modo sairá nos 400 m., 800 m., 1.500 m., e nos relevos 4×400 m.
Foto: Ollodexan