Resultados

O Gregorio Pérez recibe este sábado os Sub14, Sub20 e Sub23

Importante e numeroso Campionato de Galicia o que acollerá este sábado as pistas lucenses de atletismo do Gregorio Pérez Rivera para recibir ó Autonómico Sub14, Sub20 e Sub23.

Cunha inscripción que rolda o milleiro de atletas, as probas desenvolveranse en dobre xornada sendo á mañán cando compitan os Sub14 e a partires das 16.40 h. os Sub20 e Sub23.

Malia destacadas ausencias, contarase con probas de moito nivel nos Sub20 e Sub23.

Entre a interesante relación de atletas inscritos, destaca a presencia do atleta do RIA Ferrol Pedro Ossorio quen aparcará os 800 m. para tomar parte nos distancias dos 200 m. e dos 400 m.

A internacional celeste Olaia Guisela Becerril será outra das atraccións da competición na proba de relevos e de lonxitude onde intentará chegar ata  os 6.00 m. Mesmo interese despertará a coruñesa do Riazor Paula Iglesias quen tomará parte nos relevos e nos 200 m. proba esta, na que ten acreditados 25.05.

Outro dos importantes puntos de atención será a participación de Claudia Rojo quen competirá nos valos curtos e longos e onde acude con 14.22 e 1:00.43 respectivamente.

Victor Mosteiro do C.A.Santiago completará as probas de velocidade tanto dos 100 m (10.90) como de 200 m. (22.07)  tomando parte de igual modo na de relevos. Xa nas probas de fondo, presenza de Bilal Dahmouni da Atlética Lucense nos 3.000 obstáculos quen parte cun rexistro de 9:53.78

O sector de lanzamentos como ben sendo habitual deparará momentos moi interesantes como o que sen ludar a dúbidas ofrecerán os lanzadores do Real Club Celta, Nicolás García en disco con 60.16  m.; Marcos Bouzas en disco con 46.04 m. e martelo con 34.89 (2018); Yago Araujo en peso con 12.20 m. (2018) e martelo con 61.68 m. Jonatas Pereira en xavelina pecha esta relación con 56.80 m.

Por último Roberto Vieiro do C.A. Santiago intentará mellorar esos 21:17.20 cos que se achega nos 5.000 marcha.

Un Sub14 con moitas probas interesantes

Na categoría Sub 14 de igual modo agárdanse moitos e interesantes rexistros pola cantidade de atletas que confirmaron a súa presenza en Lugo e que figuran nos postos top do ranking nacional. Entre esas participacións teremos a de Aaron Pereira do A.Ría de Arousa quen tomará parte nos 1.000 obstáculos con 3:13.66 e na que xunto el estarán a competir na mesma proba Cosme Viaña da A. lucense con 3:14.94.

Xela Martínez da A. Lucense tomará parte sobre os 2.000 m. con 6:37.63 e sobre os 80 v. con 14.08; Lisa Vosverg do AVA na pértega con 2.50 m., xavelina con 29.39 m. e nos 4×80; Javier Malingre do Ourense Atletismo estará no concurso de pértega con 2.56 m., 2.000 marcha con 10:17.78 e nos relevos 4×80;  Matías Moldes da Gimnástica de Pontevedra saltará tanto na lonxitude con 5.16 m. como no triplo con 10.86 m.; Antía Pernas do Lucus Caixa Rural Galega nos 150 m. con 19.78 e triplo con 10.43 m.; Gema Dacosta do Vila de Cangas en peso con 10.08 m., disco con 24.48 m. e nos relevos 4×80; Elías Klein da A. Lucense na xavelina con 30.47 m. e nos 2.000 marcha con 9:50.75; Pablo Sánchez Rivas da A.Lucense nos 2.000 marcha con 9:43.49 e nos 4×80; Noa Nerga do Vila de Cangas en peso con 9.92 m. e martelo con 37.12 m;  Aldara Meilán da A. Lucense nos 2.000 marcha con 9:40.14; Miguel Alvariño da A. Lucense nos 2.000 marcha con 10:10.89 e na xavelina con 26.5 m; Antía Alcalde do Barbanza nos 80 m. con 10.84, 150 m. con 20.34 e nos relevos 4×80; Manuela Blanco do Ourense Atletismo sobre a pértega con 2.51 m. e a lonxitude con 4.26 m. e por último Enzo López do Barbanza quen estará no concurso de xavelina con 33.91 m. e no de triplo con 9.99 m.

Campionato de Galicia Sub20 e Sub23

Campionato de Galicia Sub14

Compartir: