Resultados

Sesenta e dúas galegas/os viaxarán ata o nacional Sub18

Un total de trinta rapazas e trinta e dous rapaces serán as/os atletas galegas/os que se despracen esta fin de semana ata as terras levantinas de Castellón para tomar parte no LXVIII Campionato de España Sub18 co obxectivo de mellorar rexistros persoais e tentar superar as sete medallas logradas o ano pasado en Xixón.

De entre os que ata alí viaxarán, destaca a participación de Nerea Iglesias do Fontes do Sar e de Jacobo de la Iglesia da A.Lucense os cales tomarán parte tanto nos 100 m. como nos 200 m. Completan a relación de velocistas os célticos Erik Fernández nos 100 m. con 11.05 e Jorge Román Leiros nos 400 m. con 49.44.

Xa no medio fondo destacada presenza de Said Abdoun do Ourense Atletismo nos 1.500 quen acude con 4:02.80 ó igual que Blanca Armenteros da Gimnástica con 4:47.49, malia que será o internacional El Medhi El Naboaui do C.D. San Paio A Estrada quen centre todas as miradas xa que sairá sobre os 3.000 m. a defender o seu título logrado o ano pasado e onde parte como claro favorito grazas ós seus 8:32.45 que o sitúan ó fronte de maneira destacada do ránking nacional. Hugo García do Celta será outro dos atletas salientables quen esté tomando parte sobre esta distancia a onde acude con 8:48.15. Nos 800 m. contaremos ca interesantísima loita que manterán Irene Barreiro do Ría Ferrol con 2:16.30 e Carmen Victoria Gónzalez da A. Lucense con 2:16.35.

Blanca Armenteros da Gimnástica será a única representante galega sobre a proba de obstáculos onde intentará estar nos postos importantes e rebaixar o seu rexistro de 7:32.39.

Nos valos a valdeorresa do ADAS Belén García sairá nos 100 v. e nos 400 v. onde acude con 14.63 e 1:04.66 respectivamente. O celeste David Ngwudile figura na lista de inscritos nos 400 v. onde parte da terceira mellor marca dos participantes con 55.60.

Xa nos concursos de saltos presenza destacada en altura de Raúl Cortizo da Gimnástica con 1.98 m. sendo os lanzamentos onde se den interesantes opcións a cargo de Miguel Angel Granado en disco con 45.00 m. e de Paula Piñón en peso con 13.38 m. Por último, tanto os tamén céticos  Erik Méndez como David García estarán na gaiola de martelo na procura de mellorar os seus 61.47 m. e 54.27 m.

Capítulo a parte merece a participación tanto da olívica Irene Gómez (prata o ano pasado) como da Gimnástica Antía Sestelo quenes parten ca mellor marca das participantes con 64.60 m. en martelo e 47.74 m. en xavelina respectivamente. Xunto elas tomarán parte Adriana Regueira con 49.55 m. en martelo e María Pena da Atlética A Silva quen sairá ca terceira mellor marca en xavelina das participantes.

Por último nos 5.000 marcha serán tanto Roi Surribas da Gimnástica como Nerea Lage do A. Friol os que aspiren a acadar postos importantes nesta final.

Noutro aspecto serán as formacións masculinas da Atlética Lucense e do Real Club Celta quenes interveñan no Campionato de España de Relevos Sub18 que tamén se disputará de maneira conxunta. Nesta edición non compite o C.A. Santiago subcampión nacional do ano pasado nos 4×100.

Información LXVIII Campionato de España Sub18

Compartir: