Resultados en directo /// Recordatorio: no relativo á tramitación de licenzas enviar correo-e a xestion@atletismo.gal

Interesantes citas nacionais para os Sub16 e Sub14

Ata terras madrileñas viaxaría a nosa selección para tomar parte no Campionato de España de Federacións Autonómicas Sub16 en idade escolar onde o combinado feminino lograría un posto de finalista ó rematar na oitava posición. Algo máis alonxado quedarían os homes quenes rematarían no posto décimo terceiro.

O máis salientable dos galegos serían os triunfos para Alba Cuns en triplo con 12.27 m., os segundos postos para Pedro Vázquez nos 3.000 m. con 9:36.60 e Daniel Loureiro en xavelina con 49.06 m, así como o terceiro lugar para Nicolás Montero en disco con 47.85 m.

Xa no Campionato de España Sub14 por equipos que se celebraría en Cidade Real esta fin de semana destacada sexta posición para a Escola Atlética Lucense nun encontro no que tamén estaría o club santiagués do Millaraio ocupando a décimo sétima posición.

Na categoría feminina de novo o equipo da Atlética Lucense sería o mellor dos galegos desprazados ocupando a décimo novena posición. O vixésimo sexto lugar correspondería para a Agrupación Viguesa de Atletismo e o vixésimo oitavo para a Atlética A Silva.

Destacarían os triunfos e sobre todo, os excelentes resultados das lucense Xela Martínez quen se imporía nos 1.000 m. cun 2:56.95 o mesmo que Aldara Meilán quen faría o propio nos 2.000 marcha con 9:35.32. Por parte do AVA triunfo da súa lanzadora Lisa Vosberg quen mandaría o peso ata os destacadísimos 10.89 m. O tamén lucense Pablo Sánchez ocuparía a segunda posición nos 2.000 marcha con 9:39.17.

Resultados do Campionato de España Sub14 por equipos

Resultados do Campionato de España de Federacións Autonómicas Sub16 en idade escolar

Compartir: