Bastiagueiro decide o sábado a II Copa Máster de Clubs

Este sábado a partir das 15:30 horas e ata as 20:30, as pistas da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física de Bastiagueiro recibirán ós participantes da Copa de Clubs Máster que se achega a súa segunda edición.

E esta cita acuden seis equipos na categoría masculina e cinco na feminina clasificados por estadillo,  sendo as formacións do Atletismo Sada, Atlética A Silva, Atletismo Narón e Samertolameu quenes concurren cun equipo en cada categoría. A maiores estarán La Mochila del Deporte en mulleres así como os conxuntos masculinos do  Beade e Marineda Atlético formación esta última que intentará reter o título acadado o ano pasado nas pistas Universitarias de Elviña xunto o Samertolameu na feminina.

A nivel de atletas contarase ca presencia e participación dalgúns dos máis destacados Máster tanto a nivel nacional como internacional nesta tempadada, sendo o formato de competición a atleta por proba.

Foto de “Ollodexan”.

Compartir: