Resultados en directo /// Recordatorio: no relativo á tramitación de licenzas enviar correo-e a xestion@atletismo.gal

Nacionais de ruta e pista nesta fin de semana

Un total de nove atletas son os que tomarán parte esta fin de semana no Campionato de España de 10 km. Ruta na localidade navarra de Tudela. Ante a ausencia dos actuais campións galegos Rubén Diz e Iria Fernández serán Paula Mayobre e Alejo Ares quenes asuman as funcións de líderes galegos. Precisamente ata alí despraza o ADAS Proinor o seu equipo masculino encabezado por Alejo Ares xunto ó cal estarán Iván Roade e José Manuel Fernández.

Na categoría senior feminina Paula Mayobre do Clínicas Dental S.P. aspira a estar na loita polos postos importantes da proba, completando o resto de expedicionarios Amadeo Abal do Verxel Nutrición e Luis Pérez do C.A. Fene. José Angel López do Egovarros na M40 e Xosé Luis Otero do Club Universidade de Santiago na M65 completan a lista na categoría Máster.

Campionato de España de seleccións Sub18

Noutro orden de cousas, partirá para Xetafe a Selección Galega Sub18 integrada por un total de once homes e dez mulleres que tomarán parte o sábado 8 no V Campionato de España de Seleccions Autonómicas da categoría.

Baixo un formato mixto de competición, a nosa selección acude cun equipo compensado que aspira a estar entre as oito primeiras posicións como xa conseguiría o ano pasado en Ciudad Real onde rematarían no quinto posto .

Son destacadas por parte do combinado galego as presencias de Irene Gómez do A.F. Celta en martelo, Nerea Iglesias do Fontes do Sar nos 100 m., ou a de David Ngwudile do Real Club Celta nos relevos por citar algúns.

Campionato de España de 10 km. ruta Absoluto e Máster 2019

V Campionato de España Sub18 de Federacións Autonómicas 2019

Compartir: