Toda a elite da marcha nacional e internacional estará esta fin de semana nas rúas coruñesas na Edición do G.P. Cantones de Marcha Atlética – Sergio Vázquez na que os actuáis medallistas de ouro no pasado Campionato de Europa de Berlín, Álvaro Martín e María Pérez, encabezan a fabulosa lista de marchadores que tomarán parte. María Pérez será dúbida ata última hora debido ó poceso vírico que arrastra desde Alytus, e que lle impediría render ós seu máximo nivel.
Tamén estarán marchando o atleta madrileño Diego García, prata en Berlín e recente bronce individual na Copa de Europa de Alytus o pasado 19 de maio, onde xunto con Álvaro Martín, Miguel Ángel López e Alberto Amezcua, obtiveron o ouro por equipos. Laura García-Caro prata individual en Alytus e Raquel González bronce, darán cartel a proba.
Seguindo cos marchadores nacionais, contarase na liña de saída cas integrantes do equipo feminino nacional, ouro por equipos nos 20 km de Alytus Laura García-Caro, Raquel González, María Pérez e Lida Sánchez-Puebla, confirmando tamén a súa participación os campións de España na distancia do pasado 17 de marzo en Oropesa, Miguel Ángel López e María Pérez.
Outra das marchadoras importantes será Julia Takcas bronce en Berlín na distancia de 50 Km.e prata en Alytus con récord de España incluído, a cal intentará subirse ó podio en Cantones, como xa fixera na anterior edición ó quedar segunda tras a gañadora Quinyang Shenjie.
Os especialistas de 50 Km. tampouco serán quen de perderse a proba coruñesa, Marc Tur, dobre campión de España nas dúas últimas edicións, así como José Ignacio Díaz (o mellor posicionado en Alyuts), acompañarán ao supercampión Jesús Ángel García-Bragado, quen participará en Doha nos que serán nada menos que os seus décimo terceiros Campionatos do Mundo.
En canto as mulleres dos 50 km., prata por equipos en Alytus, estarán na liña de saída Julia Takcas, Aihnoa Pinedo, María Larios e Mar Juárez.