Resultados

Bos resultados nas Ligas

Resultados bastante positivos os obtidos polos seis clubs galegos no Campionato Nacional de Liga tanto na División de Honra coma na Primeira División esta fin de semana.

Para comezar na máxima categoría feminina, o Ría Ferrol no seu encontro de Donostia, logrou repetir o terceiro lugar da primeira xornada, que lle fixo impoñerse ó Juventud Atlética de Elche. Con este resultado que lle outorga catro puntos na clasificación xeral,  tomará parte na fase de descenso que abordará nunha posición inmellorable logo de sitúalo como terceiro mellor equipo dos oito que compiten por evitar o mesmo.

Os homes da Sociedad Gimnástica de Pontevedra tomaron parte na outra cita de Honra disputada en Valencia e na que acadaron un importante terceiro lugar superando ó A.A.Catalunya. Con este resultado que lles da tres puntos, permítelles tomar parte na última xornada da fase de permanencia no terceiro lugar do octagonal.

Xa na primeira división masculina os dous equipos galegos implicados estarán na fase de permanencia. Así o Atletismo Narón, que precisaba evitar a toda costa o último posto no seu desprazamento a Donostia, lograría impoñerse ó Hinaco Monzón o que lle permite sumar un total de tres puntos que lle da o cuarto posto do octagonal. O Real Club Celta non puido clasificarse para a fase de ascenso como fixera o ano pasado e na que malia elo, lidera o grupo grazas á súa terceira posición en Lleida sumando un total de cinco puntos.

Na categoría feminina o Atletismo F. Celta en troques, si estará no grupo de loita polo ascenso. Os seus seis puntos sumados despóis de repetir o segundo lugar no encontro de Valladolid gañado polas pucelanas, fan que parta como o sétimo club no grupo de loita polo ascenso.

Por último as rapazas da Gimnástica de Pontevedra, malia non terse clasificado entre as oito primeiras, sitúanse nunha cómoda décima posición que as sitúa no grupo de loita pola permanencia con bastante tranquilidade. No seu útimo encontro disputado en Durango, colleitaron un terceiro lugar superando ó UCAM Cartagena que xunto o Imagen FDR ocupan as dúas últimas posicións.

Resultados e Clasificacións da División de Honor

Resultados e Clasificacións da 1ª División

Compartir: