Resultados en directo  

Un cartel de auténtico luxo para Cantones

O vindeiro sábado día 8 de xuño acontecerá unha das grandes probas atléticas do calendario galego como é o desenvolvemento do XXXIII Gran Premio Internacional de Marcha Cantones da Coruña – Trofeo Sergio Vázquez

Efectivamente, este importante evento, que ten rango Internacional IAAF, encara a súa trixésimo terceira edición con moitos e importantes alicientes entre os que cabe salientar a presencia dos  actuais posuidores do récord do mundo de 20 km marcha: o xaponés Yusuke Suzuki e a atleta chinesa Hong Liu que volve con forza á competición despois do seu parón maternal.

Cartel de luxo

O récord do mundo sería conseguido pola fenomenal atleta chinesa precisamente na Coruña, no ano 2015 logo de parar o reloxo nuns fantásticos 1.24.38. Ó récord de 20 km. engade o acadado este ano nos 50 km. marcha.

O xaponés Yusuke Suzuki, que este ano parou o crono en 1:17:47, forma parte da numerosa expedición xaponesa formada por un total de 24 persoas entre atletas (14), e resto de delegación. Xunto el estarán compitindo Toshikazu Yamanishi que encabeza a lista mundial cuns espectaculares  1:17:15

A delegación chinesa non é menos numerosa xa que completarán a expedición asiática 28 atletas ademáis do equipo técnico. As chinesas Hong Liu e Yang Jiayu presentan as mellores marcas das participantes, seguida da xaponesa Kumiko Okada e da terceira chinesa Zhenxia Ma, todas elas por baixo dos 1:28:30.

En homes, a mellor baza do equipo chinés será Kaihua Wang con 1:19:01, tan só superado polo potente equipo nipón e polo ruso que  Vasily Mizinov, prata en Alytus, tralo sueco Perseus Kalstrom que tamén competirá na Coruña.

A proba coruñesa forma parte do Circuíto da IAAF e na que logo de terse disputado catro probas, sitúase en cabeza o español Diego García, empatado co sueco Perseus Kalrtrom, sendo terceiro un habitual de Cantones, o brasileiro Caio Bonfim, que se presente cun rexistro en 2019 de 1:20:37.

Compartir: