Resultados en directo  

Alberto Juantorena ofrecerá unha charla na Coruña

Alberto Juantorena, un dos grandes mitos da historia atlética mundial de todos os tempos, estará en Galicia os días 11 e 12 de xuño.

O atleta cubano nado en Santiago de Cuba no ano 1950, empezaría a práctica do atletismo por casualidade convertíndose co tempo en todo un referente e ídolo mundial. Serían nos Xogos Olímpicos de Montreal 76 onde o seu nome pasaría a inexorablemente a historia ó lograr o gran hito de converterse en Campión Olímpico tanto nos 400 m. como nos 800 m. nunha proeza que a día de hoxe ninguén foi quen de igualar. A maiores chegaría a posuir o récord do mundo dos 800 m.

A súa fama, formación (é Licenciado en Económicas) e o seu compromiso político, levaríanno a ocupar diversos cargos institucionais importantes en Cuba, sendo ademáis Presidente da Federación Cubana de Atletismo e membro executivo da IAAF e do COI.

Sen lugar a dúbidas para todos os amantes do atletismo e do deporte a nivel xeral, presenciar a conferencia “Alberto Juantorena, vivencias dun mito do deporte” será un momento único e irrepetible no que poder escoitar a toda unha lenda do noso deporte.

O acto organizado pola Federación Galega de Atletismo e a colaboración da Deputación Provincial da Coruña, será o martes día 11 as 19:00 horas na Deputación Provincial da Coruña, estanto aberta a atletas, deportistas, adestradores, directivos, xuíces, afeccionados, prensa e todos cantos gusten de presenciar a viva historia dun dos grandes iconos e máximos referentes do atletismo de todos os tempos.,

Por razóns de organización, espazo e capacidade compre inscribirse no enlace habilitado ata completar aforo

Inscricións aquí

Compartir: