Resultados

Auditoría do Campionato de España Máster de Medio Maratón

O Coordinador do Observatorio do Atletismo Galego, Miguel Soto, presentou as conclusións acadadas na Auditoría do Campionato de España Máster de Medio Maratón e Campionato Galego absoluto.  O responsable do organismo, especificou algunhas das conclusións do evento que se disputaría entre os Concellos de Ortigueira e Cariño das que compre salientar os seguintes puntos:

  • Estrito e rigoroso protocolo de seguridade e sanitario con máis de 100 voluntarios garantindo o corte total da circulación e as diferentes zonas técnicas delimitadas durante a proba.
  • No ámbito dos Recursos Humanos salientar os diferentes entes, así coma o voluntariado como elemento diferencial. Tamén o éxito no protocolo de premiacións e os elementos paralelos á competición como a animación, o seguemento en streaming en pantalla xigante e online.
  • Suliñar os eventos previos de promoción e divulgación do evento en perfiles específicos e de ámbito institucional como a presentación da proba, e a súa presencia nos medios de comunicación antes e despois da mesma.

Por todo elo, a organización do evento presentou un gran nivel técnico rozando a excelencia no voluntariado e demáis recursos humanos. Grazas ó gran traballo, foi recibida a felicitación por parte da Real Federación Española de Atletismo.

Compartir: