Resultados

Bos rexistros no Campionato Galego Sub16 e Sub18

Interesantes rexistros os acadados esta fin de semana durante a disputa do Campionato de Galicia Sub16 e Sub18 que terían as pistas viguesas de Balaídos como escenario.

Para comezar na categoría sub18, unha vez máis o protagonismo sería para a lanzadora do Celta Irene Gómez quen no concurso de martelo de 4 kg. lograría co seu lanzamento de 64.60 m. establecer unha nova plusmarca galega da categoría que a fan liderar o ránking nacional a casi seis metros de distancia da segunda clasificada.

Seguindo cos lanzamentos, destacadísimo concurso de xavelina o protagonizado pola atleta de A Silva María Pena quen lanzaría ata os 45.19 m. polos 42.90 m. de Antía Sestelo do Ría Ferrol.

Na categoría masculina David Chinweike Ngwudile do Celta completaría os 400 m.v. cuns destacados 55.60. sendo a proba dos 5.000 marcha onde Hugo Martínez da Atlética Lucense co seu rexistro de 49:05.09 pasaría a liderar o ránkig nacional.

Hugo García do Celta na proba dos 3.000 m.con 9:25.10 imporíase sobre o internacional Mehdi El Nabaoui do C.D. San Paio A Estrada quen inmerso no mes do xaxún do Ramadán, marcaría 9:25.24.

Xa na categoría Sub 16 o máis salientable serían os 14.86 establecidos pola atleta do Franciscanos de Lugo Lucía Sánchez del Valle sobre os 100 valos e os seus 5.32 na lonxitude e onde o interese estaría novamente no concurso de triple cunha Alba Cuns do Atletismo Negreira saltando ata os 11.84 m. polos 11.64 m. de Diaou Diallo do Ría Ferrol as cales pasan a liderar o ránking nacional nas dúas primeiras posicións. Xiana Lago pola súa banda mandaría o peso ata uns moi interesantes 11.71 m.

Por último os 1.000 m. terían en Sergio Souto do Val Miñor ó seu protagonista logo de establecer un crono de 2:41.1 o mesmo que Antón Martínez da Atlética Lucense con 4:43.07 sobre os 1.500 obstáculos.

Compartir: