Resultados

Ortegal vibrou co seu nacional e autonómico

Excelente campionato tanto no organizativo como deportivo o vivido no día de onte nos Concellos de Cariño e Ortigueira durante a disputa do Campionato de España Máster de Medio Maratón e Campionato de Galicia Absoluto.

Sen lugar a dúbidas o duro traballo e a excelente planificación levada a cabo nos últimos meses por parte dos dous concellos, fixeron posible colocar a zona do Ortegal no punto de mira de todo o atletismo nacional.

Se o nivel de organización foi impecable, moi sobresainte foron tamén os resultados colleitados polos/as nosos/as deportistas quenes traerían nada menos que un total de dezaoito medallas das cales cinco foron de ouro, nove de prata e catro de bronce. Os títulos  recaeron en Mónica Granero e por partida dobre en Jorge Crespo, campións de Galicia absolutos e campións de España Máster 35 así como de Juan Antonio Gude campión de España e campión Galego na categoría Máster 45. Por equipos o Club Atletismo Aranteiro lograría o título na categoría M35-40

O resto de medallistas galegas e galegos no campionato de España foron os seguintes:

  • Campións/as de España: Mónica Granero do Verxel Nutrición na Máster 35 e Jorge Crespo do C.A.Sar na Máster 35 e na xeral individual; Juán Antonio Gude do Lucus CRG na M45 e o Equipo do Atletismo Arenteiro.
  • Subcampións/as de España: José Manuel Corral do A. Arenteiro na M35;  Rubén Diz do A.Ourense na M40; Juan Antonio Gude do Lucus CRG na xeral individual; Sonia Teijeiro do Burgas Ourense na F45; Soledad Castro do Comesaña S.C. e José Manuel Fernández do ADAS Proinor na Máster 50 e Begoña de Arriba do Egovarros na F60. Por equipos ADAS Proinor na M45-50 e o equipo feminino do Burgas Ourense.
  • Medallas de bronce: José Canda do A.Arenteiro na M35; Javier Paredes do Burgas O. na M40;  Daniel de la Torre do San Miguel de Marín na M50 e Isabel Sáez do CAI A Estrada na F50.

Por equipos, os éxitos tamén acompañarían os equipo galegos con excelentes rexistros que virián da man do Atletismo Arenteiro quen se proclamaría campión de España na categoría Máster 35-40 grazas os resultados dos seus integrante Jose Manuel Corral, Jose Canda e Luis Iglesias. Tamén na categoría 45-50 o ADAS Proinor acadaría a prata do nacional cas actuacións de José Manuel Fernández, Manuel Enrique Esteves e José Manuel García. Mesmo posto para o equipo feminino do Burgas Ourense cuxas compoñentes Sonia Teijeiro, Ana Belén Losada e Victorina Losada pecharían este fantástico e fructífero campionato.

No que atinxe ó campionato de Galicia, os títulos desta edición serían para:

  • Absoluto. Mónica Granero do Verxel Nutrición e Jorge Crespo do C.A.Sar.
  • Senior. Estefanía Hernández da Mochila do Deporte e Jonathan Fernández do C.A.Fene.
  • Sub23. Daniel Pérez do Lucus CRG.
  • Sub20. Iago Pereira do C.A.Santiago.
  • Máster 35. Mónica Granero do Verxel Nutrición e Jorge Crespo do C.A.Sar.
  • Máster 40. Rubén Diz do A.Ourense e Natalia García do C.A. Sada.
  • Máster 45. Sonia Teijeiro do Burgas Ourense e Juan Antonio Gude do Lucus CRG.
  • Máster 50. Soledad Castro do Comesaña S.C. e José Manuel Fernández do ADAS Proinor.
  • Máster 55. Manuela Guisasola e Emilio Martínez do Egovarros.
  • Máster 60. María Elisa Paz do Egovarros e Manuel Suárez do Veteranos de Samil.
  • Máster 65. Gonzalo Alberto Vázquez do Esprintes Ourense.
  • Máster 70. Antonio Bermúdez do CAR Marisqueiro.

Resultados Campionato de España

Resultados Campionato de Galicia

Compartir: