Os Cantóns estrean a súa Placa ó Patrimonio Mundial

Como todos os anos chega un clásico da competición en ruta como é o XXXIII Gran Premio Internacional de Marcha Atlética Cantóns da Coruña-Sergio Vázquez que este ano acada a súa trixésimo terceira edición cun cartel de auténtico luxo e que poderemos seguir o vindeiro día 8 de xuño.

Falar hoxe en día do G.P. Cantóns, é falar xa non da mellor competición da súa especialidade, senón de todo un referente mundial internacionalmente recoñecido e galardoado como sería o caso recente ca concesión por parte da IAAF da Placa ao Patrimonio Mundial que falan da proxección e trascendencia mundial desta importante proba.

Como consecuencia de todo elo, son moitas as seleccións nacionais e atletas que toman este Gran Premio como cita obrigada do calendario internacional. Para este ano está confirmada a presenza no circuíto coruñés de todo un importantísimo elenco de marchadores/as de talla mundial entre os que se atopan a chinesa Liu Hong que xa protagonizara no ano 2015 o récord mundial neste mesmo trazado sobre os 20 km. logo de marcar un rexistro de 1:24:38.  O australilano Dan Bird-Smith, bronce en Río, encabeza unha ampla lista á que acuden nada menos que dazaseis marchadores chineses/as e na que xunto eles haberá representantes de nada menos que de todos os continentes comezando por Europa, na que tomarán parte atletas de Francia, Italia, Lituania, Kazakistán, Hungría,  Portugal, Grecia, Bielorrusia, Ucrania, Polonia, Suecia e Gran Bretaña. Por parte de Asia serán os deportistas dos paises de Xapón, China, Kazajistán e Korea quenes den multiculturalidade ó asfalto herculino. De África tamén estarán marchadores/as de Camerún, Túnez, Sudáfrica e  Argelia; os australianos representarán a Oceania e por parte do continente americano farán o propio os nacionais de Panamá,Brasil, Costa Rica, Puerto Rico, Ecuador, Estados Unidos, Guatemala e México.

Un pouco de historia.

O ano 1987 o seu principal impulsor, o presidente da Federación Galega de Atletismo dende 1984 ata 2006 Sergio Vázquez, conseguiría xuntar a un importante número de marchadores e marchadoras ó fronte dos cales se atopaba o campión olímpico Maurizzio Damilano. Dende aquela primeira edición, polos Cantones pasarían todas e cada unha das grandes lendas da marcha a nivel mundial entre os que se atopan nomes míticos como o propio Damilano, Robert Korzeniowski, Jefferson Pérez, Yelena Nikolayeva, Olimpiada Ivanova ou a xa mencianada Liu Hong por citar algúns e algunhas.

Esta importante traxectoria, non sería entendible sen o gran traballo e colaboración do Concello da Coruña que ano tras ano aposta por esta proba facendo dela unha parte importante do seu legado social, cultural e deportivo.

X Challenge AEMA

Como en anteriores edicións, os 20 km. serán probas puntuables para a X Challenge AEMA/Troefo Fundación José Serna

IV Marcha Popular Solidaria

Como nas tres últimas edicións, este ano de novo organizarase sobre unha distancia de 1,5 Km. a “IV Marcha Popular Solidaria” aberta a toda a cidadanía. A proba, cuxa recadación íntegra irá parar a Cociña Económica da Coruña, está aberta a toda a cidadanía sendo a única condición esixida a de participar sen correr.

Compartir: