Resultados en directo /// Recordatorio: no relativo á tramitación de licenzas enviar correo-e a xestion@atletismo.gal

Gran animación en Ortigueira e Cariño para esta fin de semana

Todo preparado nos Concellos de Ortigueira e Cariño para dar acollida este sábado ó Campionato de España de Media Maratón Máster que da mesma maneira será tamén Campionato de Galicia da mesma especialidade.

A esta destacada cita acude un importante número de especialistas tanto nacionais como galegos que terán ó longo dos 21,097 km. toda unha incomparable contorna da que disfrutar neste campionato. O circuíto une linealmente a saída en Ortigueira ca chegada que estará ubicada no Concello de Cariño.

Teñen sido moitas horas de traballo e esforzo as adicadas por parte de ambos Concellos para facer realidade este importante proxecto que dentro de moi poucas horas comezará a andar. Será precisamente no campionato de Galicia, onde non contaremos nesta edición ca presenza nin de Paula Mayobre nin de Manuel Hurtado, gañadores do ano pasado en Riveira, recaendo toda a mirada sobre os medallistas de bronce no 2018, Sole Castro e Jorge Crespo, quenes asumen o seu pepel de serios candidatos ó título.

Xunto eles importante presenza dos campións do ano pasado, Daniel Pérez do Lucus Caixa Rural na Sub23; Iago Pereira do C.A. Santiago na Sub20; Juan Gude do Lucus CRG na M40; Emilio Martínez do Egovarros na M55; Manuel Suárez do Veteranos de Samil na M60 e de Elisa Paz e Isabel Brea do Egovarros de Viveiro na F55 e F65 respectivamente.

A proba, tanto do campionato de España como do Campionato de Galicia, dará comezo as 17:00 horas disputándose da mesma maneira I Media Maratón Ortegal – Cariño.

Guía da Medio Maratón Ortigueira – Cariño

Compartir: