Resultados

O Observatorio do Atletismo Galego dá a coñecer o seu modelo de auditorias

O Observatorio do Atletismo Galego presenta o seu modelo de auditorías interno que busca fomentar as melloras das competicións deportivas de todas as disciplinas no beneficio dos distintos colectivos que nelas interfiren.

Neste plan de acción, teranse en conta diversos aspectos como os aspectos técnicos e loxísticos das probas deportivas, as diferentes zonas habilitadas xunto as comprobacións a nivel de seguridade, economía e competición dos propios eventos deportivos.

Un sistema de traballo pensado no servizo ós atletas, co obxectivo de mellorar os niveis das competicións, as esixencias para os organizadores das probas deportivas e diferentes organismos coma xuíces. Busca tamén promover melloras no aspecto institucional que se orientará na posible explotación da imaxe da propia competición a nivel de patrocinios e colaboracións publicitarias.

O Director do Observatorio, Jesús Vázquez salientou: “é unha iniciativa totalmente innovadora en España que nos permitirá ter unha radiografía precisa de todos aqueles aspectos que queremos mellorar, para poder acadar a excelencia nos diferentes eidos que compoñen unha competición. O punto de partida será este sábado na celebración do Campionato de España de Media Maratón Máster entre Ortigueira e Cariño”.

Un dos obxetivos que procuramos dende a creación deste organismo é a mellora contínua de todo o que rodea ó atleta. Con este informe, damos un paso máis, centrados desta vez na calidade das nosas competicións. Queremos construir, de maneira conxunta e coherente, un atletismo mellor para os/as atletas galegos/as e para aqueles/as de fora que se se poidan sentir atraídos pola calidade das nosas competicións”, endadiu Miguel Soto, Coordinador do Observatorio.

O Observatorio do Atletismo Galego é un proxecto pioneiro en España que xorde da Federación Galega de Atletismo en prol do deporte e dos deportistas galegos a través de observación e do análise da competición co fin de mellorar e potenciar todos os seus servizos.

Compartir: