Tería lugar en Madrid esta fin de semana un encontro cuadrangular internacional de lanzamentos nos que tomaban parte as seleccions de España, Bielorrusia, Portugal, Dinamarca.
Ata este encontro acudiron seleccioadas as atletas galegas no concurso de xavelina Andrea González na Sub23 e Ivanna Carolina Román na Sub20.
A de Pontevedra que viña cun rexistro de 50.78 lanzaría no seu primeiro intento ata os 42.63 m. que a darían a cuarta posición nunha proba gañada pola lanzadora portuguesa Ferreira con 51.62 m. Pola súa banda Ivanna lanzaría ata os 42.89 m. no seu primeiro lanzamento cuxo triunfo correspondería a lanzadora Bielorrusa Makeyeva con 50.33 m.
Por último o outro representante galego, Nicolás García tomaría parte na proba de disco Sub20 onde chegaría ata os 52.67 m que lle servirían para acadar a quinta posición. O español Sotero sería o gañador da mesma con 59.89.
Por seleccións, España imporíase na categoría Sub23, ocupando a segunda posición tras Bielorrusia na Sub20.