Resultados

Ría e Gimnástica debutan en Honra con difíciles compromisos

Comeza esta fin de semana os campionatos nacionais de liga nas súas respectivas categorías na que tanto o Ría Ferrol – CCA como a Sociedad Gimnástica de Pontevedra aspiran a permanecer un ano máis na máxima categoría da División de Honra.

O banco de probas que supuxo o Campionato de Galicia de Clubs, na que ambos se impuxeron, representa un bo comezo para unha tempada marcada pola competitividade, igualdade e incertidume na que serán claves entre outras variables, os acertos cas políticas de fichaxes.

Para comezar o Ría Ferrol – CCA viaxa ata o Estadio da Larrabide en Pamplona onde se medirá, entre outros, ó equipo do Playas de Castellón subcampión nacional do ano pasado e que parte como favorito neste cuadrangular. A maiores o Ría terá en fronte ó durísimo equipo local do Pamplona Atletismo quen acadaría o ano pasado o quinto posto na fase polo título, e o Unicaja Atletismo que xa se enfrontaría as ferrolás na fase de permanencia rematando por diante das galegas.

Pola súa banda o equipo masculino da Sociedad Gimnástica de Pontevedra viaxará ata o Campo de los Pajaritos en Soria para enfrontarse noutro difícil encontro ó Atletismo Nunantino, Real Sociedad e Alcampo Scorpio 71.

A priori os pontevedreses terán a complicada tarefa de evitar o último lugar nunha cita na que os seus riváis estiveron o ano pasado loitando na fase top8 polo título nacional. Malia elo, o Scorpio 71 será o rival a batir polos pontevedrese que continúan facendo dos concursos un dos seus principais puntais.

Sistema de competición

A competición desenvolverase en tres xornadas ó aire libre en xornada de tarde: Nas dúas primeiras xornadas (11 de maio e 1 de xuño) os equipos distribuiranse en catro encontros cuadrangulares a dous atletas por proba, clasificándose segundo os resultados destas dúas xornadas para a 3ª xornada (15 de xuño), en dous encontros octogonales (un polo título e outro pola permanencia) a un atleta por proba.

Primeira xornada do Campionato Nacional de Clubs de Honra 

Foto: Web SGP

Compartir: