Resultados

A Malata coroou ós Sub20 e Sub16

Intensa e frenética actividade a vivida este domingo nas pistas da Malata durante a disputa do XXXVI Campionato de Galicia de Sub16/Sub20 na que máis de 1.200 atletas en representación de 45 clubs tomarían parte.

O día, que contaría cunha xornada marcada polo vento que estragaría algúns rexistros, serviría para proclamar gañadores na categoría Sub 20 ó conxunto masculino do Club Atletismo Santiago como xa fixera o ano pasado, e o Ría Ferrol – CCA  na categoría feminina.

Os de Santiago apuntalarían o seu triunfo cos primeiros postos de Víctor Mosteiro nos 100 m., Roi Estévez nos 1.500 m., Alessandro Bertoluzzi nos 400 m.v., Diego Alonso nos 2.000 obstáculos, Roberto Vieiro nos 3.000 Marcha, así como no equipo de relevos dos 4×100, que xunto ó resto de actuacións faríanlles sumar un total de 160 puntos. Xunto ós gañadores estarían na zona de podio a Escola Atlética Lucense con 154,5 puntos e o Real Club Celta con 133 p.

Na categoría feminina o equipo do Ría Ferrol CCA sumaría un total de 161 puntos cas victorias parciais de Nerea Iglesias tanto nos 100 m. como nos 200 m., Irene Barreiro nos 800 m., Paula González nos 100 v., Iria Rivas nos 3.000 Marcha e o equipo de relevos dos 4×400 m. Atletismo Femenino Celta con 150 puntos e Sociedad Gimnástica con 144,5 p. serían segundos e terceiros respectivamente.

Xa na categoría Sub16 masculina o Real Club Celta sucedería a Escola Atlética, gañador no ano pasado, logo de sumar un total de 184 puntos polos 151 do Atletismo Millaraio e os 119 do Coruña Comarca que estarían acompañando ós vigueses no podio. Os primeiros postos celestes serían para Pedro Vázquez nos 3.000 m., Martín Barcia en altura e triplo, Mario Abalde en lonxitude, Adrián Gómez en martelo, Brais Suárez en 3.000 Marcha e o equipo de relevos 4×300 m.

Por último na categoría feminina victoria para o Ourense Atletismo con 182 puntos polos 172 do Millaraio e os 148 p. do Ría Ferrol. As de Ourense tiveron na regularidade das súas actuacións a clave da victoria xa que tan só Martina Fernández nos 1.500 obstáculos e o equipo de relevo 4×300 lograrían primeiros postos.

Sub 16 Feminino: 1ª Ourense Atletismo 182 p., 2ª Millaraio 172, 3ª Ría Ferrol-CCA 148 p., 4ª S.Gimnástica 147 p., 5ª Agrupación Viguesa 137 p., 6ª Franciscanos de Lugo 120 p., 7ª Atlética A Silva 117 p., 8ª ADAS Proinor 117 p., 9ª Lucus Caixa Rural Galega 114 p., 10ª A.Femenino Celta 113 p., 11ª Atletismo Fontes do Sar 109 p., 12ª Atlética Lucense 90 p., 13ª C.A.Sada 75 p.,

Sub16 Masculino: 1º Real Club Celta 184 p., 2º C.A. Millaraio 151 p., 3º Coruña Comarca 119 p.,4º S.Gimnástica 95,5 p., 5º Atlética Lucense 94 p., 6º Riazor Coruña 92 p., 7º 9ª Lucus Caixa Rural Galega 90,5 p., 8º C.A. Sada 85 p., 9º Atletismo Fontes do Sar 77,5 p., 10º Agrupación Viguesa 76,5 p., 11º Ourense Atletismo 65 p.,

Sub20 Feminino: 1ª Ría Ferrol-CCA 161 p., 2ª A.Femenino Celta 150 p., 3ª S.Gimnástica 144,5 p., 4ª Atlética Lucense 139 p., 5ª C.A. Santiago 137 p., 6ª ADAS Proinor 126 p., 7ª Lucus Caixa Rural Galega 95 p., 8ª C.A. Millaraio 79 p., 9ª C.A. Sada 63,5 p., 10ª Ourense Atletismo 60 p., 11ª Agrupación Viguesa 48 p.

Sub20 Masculino: 1º C.A. Santiago 160 p., 2º Atlética Lucense 154,5 p., 3º Real Club Celta 133 p., 4º S.Gimnástica 133 p., 5º C.A. Millaraio 97 p.,  6º Riazor Coruña 83 p., 7º Agrupación Viguesa 80 p., 8º C.A.Sada 66,5 p., 9º Marineda Atlético 63 p., 10º Ourense Atletismo 60 p.

Resultados

Compartir: