Resultados en directo /// Recordatorio: no relativo á tramitación de licenzas enviar correo-e a xestion@atletismo.gal

Os clubs quentan motores

Arrinca esta fin de semana nas pistas da Malata o primeiro dos importantes tests que ó longo desta tempada agardan ós clubs galegos nas súas respectivas citas e compromisos ligueiros.

Como adianto, e como xa falamos, o Campionato de Galicia supón o primeiro contacto importante para comprobar a capacidade competitiva das distintas formacións, si ben tanto o formato (a un só atleta por proba) como a “movilización” de todos os recursos, non é equiparable ó que supón as ligas nacionais onde cada conxunto acude con todas as súas fichaxes especialmente as procedentes doutras comunidades.

Ligas nacionais

Cos dous equipos na máxima categoría da División de Honra que aspiran a permanecer un ano máis na élite, tanto o Ría Ferrol en mulleres como a Gimnástica en homes comezarán a súa actividade ligueira o vindeiro sábado 11 de maio onde teremos as departamentais competindo en Pamplona e os do Lérez no Complejo Deportivo de los Pajaritos de Soria.

Na Primeira División Nacional Liga Iberdrola masculina, contaremos ca presencia do Club Atletismo Narón e o Real Club Celta quenes tamén abren o día 11 de maio a súa competición nunha pista que a priori xogará a favor dos conxuntos galegos, en especial para os vigueses,  por tratarse de Balaídos. Mesmo acontece na primeira división feminina onde se atopan o Atletismo Femenino Celta e a Sociedad Gimnástica, equipo este último que intentará por en valor o factor pista do CGTD para recibir neste primeiro cuadrangular xunto as celestes, ó Universidad de León e o Image FDR.

No que atinxe a Segunda División, poderán participar todos os equipos que así o soliciten previo estadillo que estará aberto ata o día 20 de maio. Lembramos que na tempada pasada estarían tomando parte na final A o Club Atletismo Santiago en homes, así como o Lucus Caixa Rural Galega en ambas categorías da final B.

Primeira xornada do Campionato Nacional de Clubs de Honra e Primeira División

Compartir: