Resultados

O maratón agarda polos seus campións/oas

O vindeiro domingo día 14 de abril acontecerá a disputa do XII Campionato de Galicia de Maratón que coincide ca disputa da a VIII Maratón Atlántica A Coruña 42 organizada pola Federación Galega de Atletismo e Concello de A Coruña.

Esta cita con circuíto homologado, verá de novo polas principais rúas herculinas a un importante número de participantes competindo e gozando deste destacado evento deportivo e social.

Malia comezar no ano 2012, esta carreira está considerada como unha das máis importantes a nivel do Estado, o que fixo que dende a primeira edición se disputara paralelamente o Campionato de Galicia da especialidade.

Será este domingo a partir das 8:30 h. dende o Cantón Grande, onde se de a saída as/os participantes do maratón entre os cales se atopan os kenianos Hosea  Kiprotic que conta cunha MMP de 2:12:17 e de Dominic Pkemoi con 2:10:18 MMP e que serán os encargados de impoñer ritmo a esta proba. Entre os galegos aspirantes ó título autonómico contarase cas mellores marcas de Ramón Serantes do Marineda e Víctor Xosé González do Comesaña na categoría masculina.

Na categoría feminina María Rosario Figueroa parte a priori como favorita no campionato galego que xa gañaría nas edicións dos anos 2015 e 2016. Ante a ausencia da Mónica Granero, que vencería nas dúas últimas edicións, tanto Natalia García do C.A. Sada como Manuela Guisasola do Egovarros poderían estar na loita polos postos de podio.

Paralelamente a proba de maratón, disputarase a “10 k” con saída as 8:45 h. sobre un circuíto homologado e na que se contará cunha participación de preto de 1.400 atletas.

A Coruña, cidade atlética

A Coruña tanto polo seu número coma pola súa calidade en canto a oferta competitiva, pasa por ser unha cidade referente e modélica dentro do mundo atlético. Lembramos que xunto a Maratón, outras citas importantes que tamén se desenvolven son a Media Maratón Coruña-21  e A Coruña-10. A maiores a cidade conta tamén ca celebración do ”Gran Premio Internacional de Marcha Atlética Cantones da Coruña”, o máis importante das súas características desenvolto a nivel mundial (segundo o máximo organismo internacional de atletismo, a IAAF , que recentemente distinguiríao como Patrimonio Mundial do Atletismo), e que este 8 de xuño se achegará a súa trixésimo terceira edición.

Por si todo elo fora pouco, o Concello da Coruña oferta o “Circuito de Carreiras Populares A Coruña Corre” formado por un total de sete carreiras que se están a desenvolver polos principáis barrios da cidade.

Toda esta ampla oferta deportiva e atlética fan que a cidade da Coruña sexa todo un referente nacional e mesmo internacional que atrae cada ano a un importantísimo número de atletas (calculado en preto de 25.000).

Compartir: