Resultados en directo /// Recordatorio: no relativo á tramitación de licenzas enviar correo-e a xestion@atletismo.gal

Sagunto e Burjassot, citas para as/os nosas/os atletas

Esta fin de semana poderemos presenciar a disputa de dúas interesantes citas na que se contará ca presencia destacada de atletas galegas/os.

Para comezar o día 13 de abril a localidade de Sagunto, celebrará o IX Campionato de España de Milla en Ruta á que acude a mundialista Solange Pereira ca intención de continuar ca racha de títulos absolutos que dende o ano 2012 leva encadeando de maneira inenterrompida.

Da mesma maneira a recentemente campioa galega absoluta sobre a distancia Raquel Meaños, estará na liña de saída ca intención de estar na loita polos metais.

Xunto elas acudirán os atletas Máster Celina Rodríguez e Manuel Calvo do Atletismo+9 Moraña e Nemesio Gutiérrez do Atletismo Friol.

Varias bazas importantes galegas

O mesmo sábado día 13 as pistas da localidade valenciana de Burjassot acollerán o Campionato de España de Fondo en Pista – Torneo Ibérico onde se darán cita un total de nove atletas galegas/os.

El Mehdi El Nabaoui do C.D.San Paio a Estrada logo da súa sensacional tempada tanto de campo a través como de pista cuberta, tomará parte nos 5.000 m. Sub18 estando acompañado polo galardoado como mellor atleta revelación do ano 2018 na última gala do atletismo galego, Hugo García do Real Club Celta.

Tariku Novales do Go Fit debuta este ano sobre os 10.000 m. Sub23 intentando reeditar o triunfo acadado o ano pasado en Braga onde establecería un rexistro de 29:31.65. Pola súa banda Fernando Rial do Celta tentará mellorar os 32:30.25 acreditados e igual modo na edición pasada.

Xa na categoría feminina primeiro contacto co sintético da tempada para Paula Mayobre do Clínicas Dental Seoane Pampín que volve logo de moitos anos sobre os 10.000 m. Xunto ela estará a subcampioa de España nos 5.000 m. Esther Navarrete do F.C. Barcelona, quen loitará por mellorar tanto marca como posto do ano pasado.

Nos 5.000 m. Sub20 contaremos ca participación da medallista de bronce nos nacionais de pista cuberta Sub20 sobre os 3.000 m. Sara López da Atlética Lucense quen competirá xunto a campioa galega Sonsoles Martín do ADAS Prionor.

Por último Lucía Varela do Atletismo Friol, bronce galego Sub18 nos 5.000 m. pechará a representación galega en Burjassot.

Relación participantes no Campionato de España de Milla en Ruta

Relación de participantes no Campionato de España de Fondo en Pista – Trofeo Ibérico

Compartir: