Resultados

O atletismo Máster gaña en cantidade e calidade

Como continuación do artigo publicado a semana pasada na que estivemos falando sobre os top5 do ránking nacional,  hoxe ímonos centrar sobre as tres mellores marcas correspondentes ás/ós atletas Máster galegas/os.

O número total de atletas situados nesos postos de honra ascende a 67, dos cales 30 corresponden á categoría feminina e 37 á masculina. Entre todos eles destacan os rexistros de José Vicente Rioseco (M74) do Egovarros de Viveiro,  quen sobre os 800 m. marcaría un crono de 2:41.00 efectuados na pista cuberta de Ourense a fináis do ano pasado e que representan un novo récord europeo. O recentemente nomeado mellor Máster masculino durante a última gala do atletismo galego, tería tempo de igual modo, a establecer nos 1.500 m. un récord de España con 5:26.46 nos pasados Campionatos nacionais Máster de pista cuberta celebrados en Ourense.

Outros atletas destacados son Carlos Ferrer do Atletismo Narón, primeiro e segundo da M50 nos 60 v. e peso respectivamente; Basi Bernárdez de A Silva, quen lidera na M45 a lonxitude e se atopa no terceiro lugar en triplo; José Miguel López do Marineda primeiro nos valos e segundo no concurso de altura na M60;  Xosé Lois Otero do U.de Santiago quen abre a lista da M65 nos 3.000 m. e cede un lugar nos 1.500 m.

Ademáis dos mencionados, ocupan postos relevantes Domingo Álvarez do Burgas Ourense na M60, Fernando González do ADAS Proinor na M65, José Fernández do Verxel Nutrición na M55, Luis Manuel Eyre do Universidade de Santiago na M65 e Ramón Serantes do Marineda na M50.

No tocante a categoría feminina é Esther Pedrosa na categoría W55, quen acada todo o protagonismo logo de que establecera sobre os 800 m. un récord de España con 2:32.19 o pasado 3 de marzo sumando os primeiros postos tamén nas probas de 1.500 m. e de 3.000 m . Ademáis a de Santiago conta nesta tempada cun total de tres pratas nos recentemente disputados campionatos mundiais de pista cuberta e as distincións de mellor atleta Máster tanto galega como española.

Emilia Mesa do Ourense Atletismo na W65 é outra das atletas notorias ó encabezar as listas nas probas de 60 m. e de peso, ocupando a segunda praza na lonxitude. Mesma importancia para Pilar García Márquiz do C.A. Sada na F65, líder dos 400 m. e dos 800 m. e segunda nos 1.500 m. Rosario Sureda do Lucus CRG na W55 pola súa banda está ó fronte na proba de altura, sendo segunda na lonxitude e terceira tanto nos 60 como nos 200 m.

Eva Castro do Atletismo Narón na W35, Luz María Domínguez na W55 do Burgas Ourense e Nuria Fernández na W50 do Ourense Atletismo, son atletas que de igual modo ocupan varios postos de honra neste top3 nacional.

Compartir: