Os “mil pares de pasos” para Meaños e Ares Prada

Raquel Meaños do Valencia Esport e Alejo Ares do ADAS Proinor, convertíronse no día de onte nos novos campións de Galicia absolutos da proba de milla en ruta disputada en Santiago de Compostela.

O atleta do Barco imporíase cun rexistro de 4:34 estando acompañado no podio por Elian Numa López do Coruña Comarca a un segundo do campión, e por Ivo Maseda do Lugo RC Ramos Loures a tres segundos.

Na categoría feminina máis claro sería o triunfo da internacional do Valencia Esports quen entraría en liña de meta cun crono de 5.34. A prata correspondería para Laura Santos do Lucus C.R. con 5:40 e o bronce para Aida Martínez do Atletismo Porriño con 5:59.

No resto de categorías os triunfos corresponderían a:

Sub23: Laura Santos (Lucus C.R.G) con 5:40 e Ivo Maseda (Lugo R.C.Ramos Loures) con 4:37/ Sub20: Lucía Sicre (Ría Ferrol) con 5:43 e Diego Alonso (C.A.Santiago) con 4:47/ Sub18: Paula de la Torre (S.Gimnástica) con 5:43 e El Mehdi El Nabaoui (C.D.S.P.A Estrada) con 4:45/ Máster 35: María Teresa Couto (Noitebra) con 06:39 e Amador Pena (C.A. O Pino) con 5:03/ Máster 40: Cristina Estévez (A.F.Celta) con 06:04 e Carlos Bouza (Riazor Coruña) 05:04/ Máster 45: Inés Papín (C.A.Sada) con 06:06 e Antonio Gude (Lucus C.R.G.) con 04:48/ Máster 50: Isabel Saez (C.A.Estrada) con 06:17 e Samuel José Veiga (A.Milladoirio) con 04:57/ Máster 55: Mari Carmen Ferreiro (Verxel Nut.) con 07:57 e Saturnino González (Ourense At.) 05:25/ Máster 60:. Mari Carmen Rodríguez (A.Milladoiro) 07:05 e Javier Toro (Verxel Nut.) con 05:36/ Máster 65: Pilar García Márquiz (C.A.Sada) con 07:18 e Domingo Álvarez (Egovarros) 06:15/ Máster 70: Antonio Hernández (La Mochila) 07:15.

Xunto ó campionato de Galicia disputaríanse varias probas de carácter popular que contarían cun gran número de participantes

Foto: RunPhotos Galicia

Compartir: