8 medallas para as/os Máster no mundial de Polonia

Un total de oito medallas, dous de ouro, catro de prata e dous de bronce, foron o total de metais que as/os representantes galegos traerían de volta do mundial de pista cuberta que se disputaría na localidade polaca de Torun.

Lolo Penas con dous títulos mundiais sería o máis destacado da expedición galega logo de impoñerse na categoría Máster 40 nas probas dos 3.000 m. e dos 10 km. ruta establecendo nesta última proba cun crono de 31:11, un novo récord galego da súa categoría.

Esther Pedrosa sería outra das protagonistas ó conseguir os subcampionatos mundiais nas probas dos 3.000 m. e de campo a través. Da mesma maneira tomaría parte xunto a Teresa Castro na competición por equipos onde cederían tan só ante o combinado británico, sumando unha nova prata. A atleta do Noia, pola súa banda na proba individual dos 10 km. ruta, lograría un ansiado bronce logo de que se lle escaparan os metáis nas probas individuais de cros (4ª) e de 3.000 m. (5ª).

Emma Valencia completaría a sobresaínte actuación galega ó colleitar o bronce nos 60 v. e sumar así unha nova medalla o seu palmarés internacional.

No resto de actuacións salientar o cuarto posto de Sole Castro no medio maratón F50, sendo campiona por equipos; o quinto lugar de Basi Bernárdez na lonxitude M45; o oitavo posto de Luz María Domínguez nos 800 m. F55 así como o sexto posto de Domingo Alvarez nos 1.500 m. quen non puido acceder as finais dos 800 m. por tan só 4 milésimas.

Compartir: